Non hai moito propoñiamos, co ánimo de ofrecer claves simbólicas e metáforas para a xestión persoal e colectiva da situación desatada coa da COVID19, inspirarnos na arte do Kintsugi e a súa filosofía. Invítote a retomar esa reflexión. Ver máis.
A idea de reparación deu pé a relacionar o termo Kintsugi coa resiliencia ou capacidade dos seres humanos para adaptarnos positivamente a situacións adversas. Coido que o Kintsugi é unha fermosa metáfora a utilizar no coidado e acompañamento de equipos en tempos de pandemia.
Nestes momentos, o teu equipo seguro que está experimentando con intensidade a adversidade e a vulnerabilidade, e pode que estea sendo superado por elas. As persoas poden sentirse agoniadas, rotas, esgotadas… É preciso coidado, recomposición, restauración…
As persoas son importantes, así como o equipo, a organización e o que a sociedade espera da contribución articulada de todos e todas.
Entendemos que para sobrevivir, para dar o mellor, para sentirse felices traballando en equipo cómpre acougar. Si, primeiro parar… Por que non ir a un Balneario? Ten sentido.
Logo toca valorar a contribución de cada persoa para a construción desa nova realidade compartida que é o equipo. Si, recoñecerse e recoñecer… Por que non avaliar os roles de equipo dende a Metodoloxía Belbin? Achega moita información relevante.
Quizais sexa oportuno coñecer como funciona o equipo, cal é a súa gramática de funcionamento e conversar xuntas sobre como opera no propio equipo. Si, coñecer como funcionan os equipos, como poden funcionar. Por que non participar en obradoiros, con outros equipos, e aprender e compartir xuntos? Un equipo decátase de que o que lle pasa é normal, natural.
E seguramente sexa necesario falar. Ter conversacións, experimentar dende as emocións, traballar dende o corpo. Si, traer xuntas o que non sabemos ou non nos atrevemos a considerar ou abordar do que xuntas construímos: do equipo. Por que non participar en sesións outdoor fóra da cotidianeidade do equipo? É unha oportunidade para falar do que non se fala…
VIRADA Equipos é unha proposta de fortalecemento de equipos naturais que recolle estas e outras dimensións. Bótalle un ollo ao Dossier.
Está o teu equipo no momento propicio, no Kairós, para que se ocupe de si mesmo e estea máis preparado para enfrontar unha mar cada vez máis imprevisible?
Dálle unha volta… Dende VIRADA cremos que estamos no mellor momento. Falamos?
David Pereiro, Responsable de VIRADA