Aviso legal e política de privacidade

ALGALIA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle:

  • A súa denominación social é ALGALIA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
  • O seu NIF é F36859395
  • O seu enderezo sitúase en Rúa Faisán 7-Entlo A, 36205 Vigo (Pontevedra)
  • O seu teléfono de contacto é 986379587
  • Está inscrita no Rexistro Galego de Cooperativas  Tomo II Folio 181 Asento 1 Nº 181-SCT
  • E dispón da seguinte dirección de correo electrónico de contacto [email protected]

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais vinculados a esta web respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e demais lexislación e normativa vixente en materia de protección de datos.

Quen é o Responsable do tratamento dos datos que nos facilites?

ALGALIA  SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA

CIF: F36859395

Enderezo: Rúa Faisán 7-Entlo A, 36205 Vigo (Pontevedra)

Correo electrónico: [email protected]

Con que finalidade e lexitimación tratamos os teus datos persoais?

1.- Datos das persoas que contactan a través do apartado de contacto. Trataremos os teus datos coa finalidade de xestionar e atender as túas solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxerencias ou queixas. Podemos tratar os teus datos con esta finalidade porque temos un interese lexítimo en atender ás comunicacións necesarias para poder levar a cabo a nosa actividade.

2.- Datos das persoas que se subscriben ao Boletín de Noticias. Trataremos os teus datos coa finalidade de xestionar a túa subscrición e posterior envío dos boletíns informativos. Podemos tratar os teus datos con esta finalidade porque nos deu o teu consentimento explícito.

3.- Datos das persoas que se inscriben nun curso. Trataremos os teus datos coas seguintes finalidades:

3.1.- Xestionar a túa inscrición e participación no curso. Podemos tatar os teus datos con esta finalidade porque existe unha relación de prestación de servizos.

3.2.- Xestión contable. Podemos tratar os teus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida no Real Decreto do 22 de agosto de 1885 polo que se publica o Código de Comercio.

3.3- Xestión fiscal. Podemos tratar os teus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida na Lei Xeral Tributaria 58/2003 e demais lexislación aplicable.

3.4.- Actividades de promoción (envío de comunicacións comerciais). Podemos tratar os teus datos con esta finalidade porque nos outorgaches o teu consentimento explicito.

Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os seus datos serán conservados o tempo necesario  para cumprir coas finalidades indicadas e, debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición máis amplo de conformidade coa lexislación aplicable.

A quen se comunicará os seus datos?

a) Os datos facilitados a través do apartado de contacto e os das persoas que se subscriben ao boletín de noticias non se cederán a terceiros. Comunicaranse aos nosos encargados de tratamento os datos que sexan necesarios para a correcta prestación dos servizos contratados aos mesmos.

b) Os datos das persoas que se inscriben nun curso comunicaranse:

  • Á administración Tributaria os datos que sexan necesarios para o cumprimento das obrigacións legais con esta Administración.
  • Ás pasarelas de pago e entidades bancarias os datos necesarios para xestión da cobranza dos produtos adquiridos.
  • A compañías aseguradoras, avogados, procuradores, xulgados e tribunais, os datos necesarios para a formulación, atención ou defensa de reclamacións.
  • Aos nosos encargados de tratamento os datos que sexan necesarios para a correcta prestación dos servizos contratados nos mesmos.

Realizaranse Transferencias Internacionais dos teus datos?

Con ocasión da utilización da plataforma Mailchimp para o o envío de comunicacións podería producirse unha transferencia internacional dos seus datos a EE.UU. ou a calquera outro país no que os seus subprocesadores manteñan operacións. conforme o Anexo de Procedemento de Datos de Mailchimp, as transmisións de datos fose do Espazo Económico Europeo levarán a cabo cumprindo coa lexislación vixente en materia de protección de datos, mediante cláusulas contractuais tipo ou solucións de transferencia alternativa. Pode obter máis información en: https://mailchimp.com/legal/data-processing-addendum/#6._International_Transfers.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos persoais?

  • Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non, a saber, cales son, para que se usan, canto tempo van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van a comunicar a un terceiro.
  • Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
  • Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recolleitos, incluído o dereito ao esquecemento.
  • Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
  • Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da mera conservación dos mesmos.
  • Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
  • Dereito a retirar o consentimento: poderás retirar o teu consentimento en calquera momento dirixíndoche por escrito á dirección indicada ao comezo desta política. Os tratamentos de datos que se realizaron con anterioridade a esa data continuarán sendo válidos.

Onde poderás exercitar os teus dereitos?

O exercicio de dereitos deberás efectualo, dirixíndoche á dirección ou ao correo electrónico indicados ao comezo desta Política. Poñemos á túa disposición modelos de formularios para o seu exercicio que poderás obter na dirección ou a través do correo electrónico indicados anteriormente. Para máis información: www.agpd.es.

Tes dereito a presentar unha reclamación cara a Autoridade de control? 

No caso de que non se respectaron os teus dereitos podes presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizando a sede electrónica:  https://sedeagpd.gob.es. En ambos os casos, deberá acompañar a documentación pertinente.