Programa Virada

Unha das manobras máis importantes na náutica a vela é a virada, que consiste en cambiar de rumbo. A virada ten varias formas de realizarse, xestionando as velas e a tripulación para aproveitar os ventos

VIRADA é o referente no que ALGALIA, en colaboración con outras entidades, agrupa as súas propostas formativas de acompañamento a persoas, equipos e organizacións.

Unha organización é un sistema vivo de sistemas vivos, interrelacionados entre si. Entender e poder intervir nas dinámicas que subxacen nos sistemas resolven gran parte das dificultades e conflitos, así como axuda a desenvolver todo o potencial organizativo.

Un equipo  é máis que a suma dos seus individuos. É un conxunto de conversacións, tanto internas coa súa contorna. Para que un equipo poida ser de alto rendemento débese combinar a orientación á tarefa (obtención de resultados) e o coidado da relación (interaccións saudables).

Temos que asumir con normalidade e responsabilidade que as persoas somos ante todo seres emocionais.

As competencias emocionais son necesarias para sentirse ben, dinamizar equipos e relacións, e construír organizacións efectivas.

Virada Liderado

  • Programa para o desenvolvemento do liderado en persoas con responsabilidades de dirección ou coordinación.

Virada Equipos

  • Programa para o fortalecemento de equipos.

Coaching

  • Acompañamento persoal.
  • Acompañamento de equipos.

Novas

  • Artigos e novas sobre liderado e desenvolvemento de persoas, equipos e organizacións.

Colaboradores

Mondragon Unibertsitatea EDE Fundazioa