Co ánimo de ofrecer claves para a xestión persoal e colectiva da situación desatada coa da COVID19, inspirámonos na arte do Kintsugi e a súa filosofía.

Queremos convidar á reflexión desde a metáfora, o simbólico, a beleza. Convidamos a unha reflexión dende o vivencial, dende as experiencias pensadas, vividas e sentidas por cada unha de nós neste proceso cheo de matices, intensidade, emocións e feridas.

Invitámosvos a identificar que podemos facer para protagonizar un proceso de reparación destas últimas dun xeito fermoso. Imos aló!

 

 

Que é o Kintsugi?

Kintsugi é un termo xaponés que é traducido como “carpintería de ouro”. Tamén se coñece como Kintsukuroi ou “reparación con ouro”. Fai referencia a unha técnica artística de orixe xaponesa que se remonta ao século XV e que consistente en arranxar fracturas en pezas de cerámica que polo paso do tempo ou por un accidente se agretaron ou sufriron algún desperfeto.

As fracturas nos obxectos repáranse dun xeito peculiar. En lugar de unirse cun pegamento discreto faise coa axuda dun verniz de resina que provén da árbore urushi e que é mesturado con po dun material precioso (ouro, prata ou platino). Unha vez rematado este proceso, que consta de varias fases e no que a paciencia e o paso do tempo son fundamentais (o secado é un factor determinante e a resina tarda semanas, nalgúns casos meses, en secarse), a peza loce chea de cicatrices brillantes que teñen un aspecto único.

Este concepto está vinculado asemade coa filosofía xaponesa do wabi-sabi baseada en ver a beleza na imperfección, propoñendo que as roturas e reparacións forman parte da historia dun obxecto, que deben amosarse en lugar de ocultarse, e incorporarse para facelo máis fermoso, poñendo de manifesto a súa transformación e historia. O obxecto deixa de ser unha peza cerámica convencional para convertese nalgo novo, cun valor engadido.

Esta idea de reparación deu pé a relacionar o termo Kintsugi coa resiliencia ou capacidade dos seres humanos para adaptarnos positivamente a situacións adversas.

Nestes momentos da COVID-19 experimentamos con intensidade a adversidade e a vulnerabilidade, que poden estar a superarnos e facernos sentir rotas. E isto afecta á nosa persoa, aos nosos equipos, ás nosas organizacións e á sociedade en xeral.

 

Como inspira o Kintsugi os procesos de adaptación positiva ao cambio?

Queremos trasladarvos unha proposta que conecte cunha reflexión persoal estimulante, fermosa, única, delicada,… a través dunha serie de preguntas con vocación de acompañar a un cambio de mirada e orientado á reparación de feridas ocasionadas polo impacto da situación da COVID-19. Animamos a converternos en artesás do Kintsugi!

Na reparación destas feridas, no tránsito da perspectiva micro á macro, dende nivel persoal, pasando polos nosos equipos, polas nosas organizacións, ata contribuír como axentes de cambio social, convidámosvos a un protagonismo artesanal que dende a reflexión nos oriente á acción como líderes nunha contorna de profundos e rápidos cambios:

  • Que feridas teño/temos que reconstruír?
  • En que “obxecto” fermoso quero/queremos converternos? Para que?
  • Con que emocións me vou /nos imos conectar?
  • Que preciso/precisamos para acadalo?
  • A que vou/imos ter que renunciar?
  • Que permisos me vou/nos imos conceder?
  • Que me/nos vai facer máis forte/s?
  • Cando podo/podemos comezar a facelo?
  • Canto tempo me vou/nos temos que dar?
  • Con quen podo/podemos contar nese delicado proceso?
  • Que cursos de acción teño/temos que desenvolver para conseguilo?

Tendo presente onde poñemos o foco da mirada como artesás deste proceso, podemos desfrutar do mesmo, como se dun haiku (tipo de poesía breve xaponesa) se tratara:

Fun Kintsugi,

Vexo Kintsugi,

Somos Kintsugi!

 

Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Begoña e David.

 

Voltar

2 comentarios en “O Kintsugi ou a arte da reparación de feridas

  1. Es un tema muy interesante, tenemos el compromiso de generar amor hacia el mundo, apoyar a aquellas personas que han tenido perdidas y a quienes el dolor es su principal compañero, donde empiezan a manifestar sus dolencias del alma en dolencias del cuerpo. El amor puede multiplicarse más rápido y con más fuerza que cualquier virus, solo tenemos buscarlo en nuestro interior y entregarlo sin reparo.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *