O propósito de VIRADA para o fortalecemento de equipos (VIRADA Equipos) é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social e empresas desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.
Con VIRADA Equipos queremos contribuír a construír equipos afectivos e efectivos que alcanzan a calidade desde a calidez.
Entendemos por equipos naturais aqueles que se configuran nas organizacións para o desenvolvemento dunha función ou a execución dunha tarefa, e que establecen entre os seus membros vínculos relacionais de certa continuidade.
Por exemplo: o equipo de dirección dunha entidade, un equipo técnico dunha organización, un equipo de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización…
As actividades principais que estruturan o programa son:
- Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
- Encontros presenciais outdoor.
- Talleres de contido sobre liderado.
- Coaching de equipo.
VIRADA Equipos sitúa no centro do acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o equipo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.
Máis información
- Consulta toda a información sobre o programa: Dossier VIRADA Equipos GALEGO 2024
Inscrición
16 de febreiro de 2024
- David Pereiro
- 687879414
- david.pereiro@algalia.com