Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas teñen a finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de EIL de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través deste programa, establécense os seguintes tipos de axudas para compensar
os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social:
- Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
- Inicio e posta en marcha da actividade.
- Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
- Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
- Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
- Formación para as persoas en proceso de inserción.
- Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas , as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia.
Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como EIL, de conformidade co Decreto 156/2007.