Os equipos de traballo invisten moito tempo e enerxía en reunirse, e algún deles chegan a crer que só con reunirse traballan en equipo, fan equipo. En VIRADA Equipos cremos que a reunión é unha técnica que é preciso coñecer e mellorar para un propósito maior. Patrick Lencioni ofrécenos algunha clave.

Patrick Lencioni (Wikipedia) é un autor de referencia para o traballo que facemos en VIRADA Equipos. O libro que lle deu maior visibilidade no ámbito do management empresarial foi “Las cinco disfunciones de un equipo”, o cal comentabamos hai anos neste artigo: É o meu equipo disfuncional?

Agora queremos poñer o foco nunha achega que fai na súa outra publicación “Reuniones que matan. Una solución para que sus reuniones sean eficaces y productivas”.

Que pasa coas reunións?

Lencioni pregúntase, que problemas atopamos nas reunións? Apunta dúas principais:

  1. As reunións son aburridas, tediosas, pouco atractivas, frías… As persoas convocadas acoden de mala gana porque son obedientes, pero cren que teñen mellores cousas que facer.
  2. As reunións son ineficaces, non contribúen ao éxito da nosa organización. Non producen ningún beneficio cuantificable.

Por que as reunións son aburridas e ineficaces?

Segundo Lencioni, as reunións son aburridas porque carecen de dramatismo. De conflito. As persoas que lideran reunións ocúpanse máis de evitar tensión e rematar as reunións a tempo que de provocar e desatar un conflito ideolóxico que sexa construtivo, que afronte de verdade o que está encima da mesa, como na imaxe. Se así fose, as partes implicadas abrirían debates máis apaixonados e as decisións, en última instancia, serían máis acertadas.

As reunións son ineficaces porque carecen de estrutura contextual. Moitas organizacións só teñen un tipo de reunión: a reunión de dirección. Nesta reunión, que adopta múltiples modalidades, non se ten claro cales son os temas axeitados, nin se define un contexto preciso sobre o tipo de conversación que se mantén. Ao final, decídese moi pouco, xa que non está claro si se está a debater, votar, a desenvolver un brainstorming ou, simplemente, a falar por falar.

Para que as reunións sexan apaixonantes e eficaces hai que ter en conta distintos tipos, distinguir cales son as finalidades das mesmas, cales son os seus formatos e a duración deses encontros. No seu libro, Lencioni fai unha proposta sinxela e precisa, que cada equipo podería adaptar ás súas necesidades sentidas e efectivas:

  • Reunión de repaso diario.
  • Reunión táctica semanal.
  • Reunión de estratexia mensual.
  • Reunión de repaso trimestral fóra da organización.

Lencioni, na páxina 247 do seu libro, presenta así o resumo:

Vémonos co teu equipo en VIRADA Equipos para optimizar o traballo en grupo?

Pincha aquí se queres coñecer máis información sobre o noso Programa.

 

David Pereiro, responsable do Programa VIRADA.

 

Voltar