Novo servizo de mantemento do sistema de calidade

Moitas organizacións, unha vez que conseguiron a súa certificación ISO 9001, consideran que o traballo e o esforzo concluíron. A realidade debería ser completamente diferente, unha vez que o sistema atópase documentado e implantado é cando a organización debe realizar esforzos para mellorar continuamente os resultados, tendo como base o seu sistema de xestión da calidade.

As organizacións certificadas deberían responder afirmativamente ás seguintes cuestións:

  • Mellorou a satisfacción do cliente?
  • Mellorou a eficiencia dos procesos da organización?
  • O sistema achega información para emprender accións de mellora?

Se as respostas son negativas, é posible que o seu sistema de xestión da calidade non sexa do todo eficiente , que non sirva para acadar os seus obxectivos de mellora.

Para facer un uso axeitado do seu sistema de calidade, unha boa solución é recibir o apoio dun consultor externo que coopere coa súa organización.

Desde Algalia decidimos lanzar un novo servizo de apoio para os mantementos dos sistemas de calidade cunha clara vocación de facilitar a mellora do seu sistema, mellorando a súa eficiencia e eficacia.

Que características ten?

  • Servizo personalizado
  • Persoal altamente especializado e coñecedor da realidade das entidades do sector de discapacidade intelectual en Galicia.
  • Apoio no mantemento a través do uso da ferramenta para a xestión da calidade cun baixo custe ( Q-bo.org)

Que riscos evitamos?

  • Simplificar a documentación do sistema, sendo así, máis fácil a súa xestión e mantemento.
  • Reducir o tempo de dedicación do responsable de calidade.
  • Maior control das tarefas rutineiras do sistema.
  • Maior control da documentación do sistema.
  • A contratación externa do proceso de auditoría garante a independencia do auditor en relación os procesos auditables.
  • Periodicamente obtense un diagnóstico real e obxectivo da evolución e situación do Sistema de xestión implantado.
  • Garántese a elaboración de informes completos de revisión do sistema, que cobren todas as áreas necesarias de análise.
  • Mellórase a eficiencia interna da organización, coa axuda de persoal externo cualificado.

Que beneficios reporta este servizo?

  • Evitar desatender o sistema e impulsalo unicamente  ante unha auditoría externa.
  • Ter o sistema o día,  obtendo datos para a toma de decisións.
  • Reducir os tempos de dedicación por parte do responsable de calidade para o mantemento do sistema.

Miguel Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar