
Moitas organizacións, unha vez que conseguiron a súa certificación ISO 9001, consideran que o traballo e o esforzo concluíron. A realidade debería ser completamente diferente, unha vez que o sistema atópase documentado e implantado é cando a organización debe realizar esforzos para mellorar continuamente os resultados, tendo como base o seu sistema de xestión da calidade.
As organizacións certificadas deberían responder afirmativamente ás seguintes cuestións:
- Mellorou a satisfacción do cliente?
- Mellorou a eficiencia dos procesos da organización?
- O sistema achega información para emprender accións de mellora?
Se as respostas son negativas, é posible que o seu sistema de xestión da calidade non sexa do todo eficiente , que non sirva para acadar os seus obxectivos de mellora.
Para facer un uso axeitado do seu sistema de calidade, unha boa solución é recibir o apoio dun consultor externo que coopere coa súa organización.
Desde Algalia decidimos lanzar un novo servizo de apoio para os mantementos dos sistemas de calidade cunha clara vocación de facilitar a mellora do seu sistema, mellorando a súa eficiencia e eficacia.
Que características ten?
- Servizo personalizado
- Persoal altamente especializado e coñecedor da realidade das entidades do sector de discapacidade intelectual en Galicia.
- Apoio no mantemento a través do uso da ferramenta para a xestión da calidade cun baixo custe ( Q-bo.org)
Que riscos evitamos?
- Simplificar a documentación do sistema, sendo así, máis fácil a súa xestión e mantemento.
- Reducir o tempo de dedicación do responsable de calidade.
- Maior control das tarefas rutineiras do sistema.
- Maior control da documentación do sistema.
- A contratación externa do proceso de auditoría garante a independencia do auditor en relación os procesos auditables.
- Periodicamente obtense un diagnóstico real e obxectivo da evolución e situación do Sistema de xestión implantado.
- Garántese a elaboración de informes completos de revisión do sistema, que cobren todas as áreas necesarias de análise.
- Mellórase a eficiencia interna da organización, coa axuda de persoal externo cualificado.
Que beneficios reporta este servizo?
- Evitar desatender o sistema e impulsalo unicamente ante unha auditoría externa.
- Ter o sistema o día, obtendo datos para a toma de decisións.
- Reducir os tempos de dedicación por parte do responsable de calidade para o mantemento do sistema.
Miguel Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector