Virar, virar e virar. Non facemos outra cousa que virar constantemente para adaptarnos ao mundo cambiante e esixente no que vivimos.

Todo cambia e precisa do noso cambio no terreo persoal e profesional: o cambio nos equipos, na forma de entender o que sucede, na forma de relacionarnos e dar respostas bondadosas e intelixentes e, sobre todo, prácticas e efectivas, que acompañen o cambio e a virada hacia lugares mellores onde queremos estar e vivir.

Dende o primeiro Virada Equipos no que participamos, segunda década do segundo milenio, cando o noso proxecto Sanxe estaba escorado por babor e en plena marexada, un grupo de profesionais da nosa entidade atopábamos en esta proposta novedosa un espazo de respiro e tregua onde poder reflexionar sobre o que estabamos a vivir, e a conectarnos cos recursos e habilidades que nos axudarían a avanzar cara ó noso propósito.

Esta formación foi determinante para avanzar de cara a equilibrar o barco e achicar a auga que prometía levarnos ao fondo do mar.

Para nós, Virada foi e é un compañeiro de viaxe no que te apoias e mesmo te anima a que camiñes solo, e te convirtas en apoio de outros compañeiros de ruta.

Afondar nos recursos e ferramentas para xestionar o cambio, adquirir habilidades directivas, e clarificar o papel que temos que desenvolver cada un frente aos compañeiros, clientes ou xefes, é un superpoder que o equipo de Virada pon a disposición de tódalas participantes.

Virada é para nós un espazo “diverso” no que compartimos con persoas que xestionan equipos en todo tipo de empresas, mercantiles, de economía social, con e sin ánimo de lucro… un espazo de respeto e colaboración onde compartimos vivencias e experimentamos o maravilloso de ser bos profesionais. Alí nos vemos como compañeiros que facilitan o que queremos que suceda nas nosas empresas dende a co-laboración, a non competencia, a reflexión do que queremos ser e ir orientándonos hacia ese propósito.

Cada día o Sanxe é mais resiliente, mais capaz, mais “Sanxe”, grazas ás persoas que forman parte do proxecto e tamén grazas ao apoio que atopamos en Virada.  Dende entón non deixamos de formarnos no espazo que nos propón Virada ate esta nova edición, na que empezan dúas compañeiras, Ari e Sonia.

Forza!!!!

Ciano Valcárcel

Feliciano J. Valcárcel Portela é xerente da Asociación de San Xerome Emiliani, organización que enviou a parte do seu persoal ao longo das sucesivas edicións de VIRADA Liderado, VIRADA Equipos e VIRADA Profundización.

Voltar