Sentenza a favor no Sector de declaración da utilidade púbDende hai un ano, as entidades do terceiro sector da discapacidade son coñecedoras dunha posición da Axencia Tributaria que poñia en apuros a numerosas entidades que realizan actividades sociais relacionadas coa lei de dependencia baixo a modalidade de contratos de prestación de servizos pois non os consideraba de interese xeral.

Unha valente entidade galega ten recorrido, co apoio do movemento Feaps, do avogado Santiago Míguez e de Algalia, a denegación da súa declaración de utilidade pública pola posición contraria da Axencia Tributaria na liña exposta.

Pois ben, esta defensa tivo seu froito dado que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sección Contencioso Administrativa, ten fallado a favor da entidade asociativa, considerando que se ten inculcado seu dereito por unha consideración apriorística e non fundamentada pola administración tributaria.

A sentenza recoñece que o relevante non é non obter beneficios, senón, no caso de obtelos, dedicalos á propia actividade asociativa e non ao reparto, que a actividade social realizada é una actividade de interese xeral –con independencia da figura contractual- e que a asociación demostra de xeito fidedigno seu bo desempeño e implicación na mellora da sociedade na que está inserta.

Ademais, para finalizar, cando a administración tributaria se sitúa nun criterio economicista ao reiterar o prexuízo á “bolsa común” de aplicar beneficios fiscais coa aplicación da declaración de utilidade pública, o Tribunal aduce que ese motivo –a redución da carga fiscal- non pode ser un criterio para evitar a concesión dunha cualificación cando se cumpren os requisitos.

Esta sentenza xa é firme polo que o sector asociativo en xeral, e da discapacidade en particular, pode sentirse en hora boa. Desde Algalia felicitamos esta sentenza.

Jorge Rodríguez
Socio responsable do área de Asesoría de Algalia

Voltar