Neste 5º proceso de reflexión estratéxica de Algalia S. Coop. Galega, incorporamos a diferenciación metodolóxica entre o nivel corporativo e o nivel competitivo ou de negocios/servizos.

O Modelo Corporativo contempla as cuestións clave sobre a esencia de ALGALIA e recolle as bases do seu pensamento estratéxico: os fundamentos que definen a súa identidade, a súa organización básica, os diferentes negocios que aborda e os diferentes elementos de cohesión entre eles.

Un Modelo de Negocio no que se identifiquen con claridade as vantaxes diferenciais nuns mercados cada vez más complexos e competitivos. Un Modelo de Negocio que describa a racionalidade de cómo a organización crea, captura e entrega valor o cliente.

O abordaxe estratéxico dende os negocios, permite unha análise mais focalizada, atendendo a lóxica específica de cada un deles e tendo en conta o ciclo de vida de cada negocio.

Nos encontramos nun contexto onde nalgúns casos se producen grandes cambios ou a suma de pequenos cambios producen grandes cambios,  derivados da lexislación, financiamento,  aparición de tecnoloxía, dimensionamento organizativo, etc que fan que afloren novas necesidades dentro dos servizos que vimos prestando ou que requiran de novos servizos para satisfacelas.

Sen dubida será un importante reto e oportunidade para a incorporación de análises e propostas conducentes a identificar e asegurar  as propostas de valor que mellor se adecúen para as distintas necesidades dos clientes que confían en nos.

Celso Gándara
Xerente  de Algalia S. Coop. Galega

Voltar