A partires do 9 de setembro se queremos participar nalgún procedemento aberto simplificado tanto na súa versión normal como a “súper” simplificada (artigo 159 da LCSP apartados 1 e 6 respectivamente), será obrigatorio estar inscrito no “Registro Oficial de Licitadores y Empresas Clasificadas del Sector Público” ou ROLECE ou tamén no propio rexistro da Comunidade Autónoma.

Os procedementos abertos simplificados (artigo 159 da LCSP, apartados 1 a 5) son para os contratos de obras de contía inferior a 2.000.000 euros e contratos de servizos/subministros de contía inferior a 100.000 euros e os procedementos abertos “súper” simplificados  (artigo 159 da LCSP, apartado 6) son para os contratos de obras de valor estimado inferior a 80.000 euros, e en contratos de subministros e de servizos de valor estimado inferior a 35.000 euros, excepto os que teñan por obxecto prestacións de carácter intelectual.

Pola contía destas contratacións parece importante para as entidades que traballan para as administracións públicas ter ao día a súa inscrición no ROLECE posto que será condición sine qua non para participar en licitacións “menores”.

Podes obter información sobre o ROLECE neste link e sobre o Rexistro Xeral de Contratistas da Xunta de Galicia neste outro.

Jorge Rodríguez Malingre
Responsable do Área de Asesoría de Algalia S. Coop. Galega

Voltar