Novo servizo de mantemento do sistema de calidade

Moitas organizacións, unha vez que conseguiron a súa certificación ISO 9001, consideran que o traballo e o esforzo concluíron. A realidade debería ser completamente diferente, unha vez que o sistema atópase documentado e implantado é cando a organización debe realizar esforzos para mellorar continuamente os resultados, tendo como base o seu sistema de xestión da calidade.

As organizacións certificadas deberían responder afirmativamente ás seguintes cuestións:

  • Mellorou a satisfacción do cliente?
  • Mellorou a eficiencia dos procesos da organización?
  • O sistema aporta información para emprender accións de mellora?

Si as respostas son negativas é posible que o seu sistema de xestión da calidade non sexa do todo eficiente , que non sirva para alcanzar os seus obxectivos de mellora.

Para dar un uso adecuado o seu sistema de calidade, unha boa solución é recibir o apoio dun consultor externo que coopere coa súa organización.

Dende Algalia decidimos lanzar un novo servizo de apoio para os mantementos dos sistemas de calidade cunha clara vocación de facilitara mellora do seu sistema apostando pola eficiencia e eficacia do mesmo.

Que características ten?

  • Servizo personalizado
  • Persoal altamente especializado e coñecedores da realidade das entidades do sector de discapacidade intelectual en Galicia.
  • Apoio no mantemento a través do uso da ferramenta para a xestión da calidade cun baixo custe ( Q-bo.org)

Que riscos evitamos?

  • Simplificar a documentación do sistema, sendo así, máis fácil a súa xestión e mantemento.
  • Reducir o tempo de dedicación do responsable de calidade.
  • Maior control das tarefas rutineiras do sistema.
  • Maior control da documentación do sistema .
  • A contratación externa do proceso de auditoría garante a independencia do auditor en relación os procesos auditables.
  • Periodicamente obtense un diagnóstico real e obxectivo da evolución e situación do Sistema de xestión implantado.
  • Garante a elaboración de informes de revisión do sistema completas, que cobren tódalas áreas necesarias de análises.
  • Mellora a eficiencia interna da organización, con axuda de persoal externo cualificado.

Que beneficios reporta este servizo?

  • Desatender o sistema e solo impulsalo ante unha auditoría externa.
  • Ter o sistema o día obtendo datos para a toma de decisións.
  • Reducir os tempos de dedicación por parte do responsable de calidade para o mantemento do sistema.

Miguel Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar