Consultoría

Somos unha consultoría experta en estratexia, e podemos acompañarvos desde o deseño ata a implantación. Miguel A. Barbosa. Responsable  Consultoría  Algalia.

TRANSFORMACIÓN

Facilitamos a transformación e a mellora na vosa organización, desde a vosa realidade, achegando novas miradas, enfoques e valores.

ESTRATEXIA E RESULTADOS

Acompañámosvos para ser unha organización efectiva capaz de acadar  resultados, de forma eficiente e perfectamente aliñada coa estratexia.

PROTAGONISTA

Promovemos procesos participativos nos que unimos soños con escóita ás persoas, converténdovos en protagonistas do voso futuro.

METODOLOXÍA

Achegámosvos visión sistémica e metodoloxías, algunhas innovadoras e outras que teñen demostrado plenamente a súa eficacia.

Qué din de nós

  • “A actitude cara o cliente. Sobre todo o coñecemento da realidade do cliente e saber adaptarse a ela e dar respostas máis acertadas ao perfil e á realidade legal, organizativa, etc.”

    Levi, Esclavas de la Virgen Dolorosa

    “O trato personalizado. A relación directa cos asesores e consultores, a dispoñibilidade.”

    Javier, Asociación Aspas

    “A cercanía, as personas danme unha confianza no trato, na maneira que teñen de tratarnos. Algalia non é esa consultoría fría, é personal formado. A mí danme unhas garantías, gústanme.”

    Lola, Asociación Aspaber