O Plan Anual de Control Tributario e Aduaneiro é o documento que cada ano publica a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para establecer as principais liñas de actuación en materia de información, prevención, investigación e control do fraude fiscal.

O correspondente ao exercicio 2026 foi publicado no Boletín oficial del Estado (BOE) o 12 de marzo. Nel defínense as prioridades de Facenda e anticipa os ámbitos e condutas que serán obxecto de maior seguimento.

Neste artigo centrarémonos nos elementos importantes que detectamos a efectos das entidades sen fins lucrativos (asociacións e fundacións)

  1. Control do censo de entidades

Facenda vai intensificar a depuración do censo de entidades, incluíndo asociacións e fundacións, co obxectivo de verificar que están correctamente rexistradas. Comprobará a obrigación de presentar o Imposto sobre Sociedades (IS) e detectará entidades inactivas ou irregulares.

  1. Incremento da información dispoñible

A Axencia Tributaria contará con máis datos automáticos de contas bancarias, pagos (TPV, móbiles), subvencións públicas (base de datos do Ministerio de Facenda), plataformas dixitais (Bizum, paypal, …), información internacional e os Modelos 347 dos provedores que traballan para estas entidades (que declaran compras ou prestacións de servizos que superan anualmente os 3.005,06 euros).

O impacto desta medida verase reflectido nunha maior capacidade de cruzamento de datos e a detección máis doada de incoherencias.

  1. Control do Imposto sobre Sociedades (IS)

Moitas asociacións non presentan o Imposto de Sociedades por descoñecemento de estar obrigadas, polo que Facenda busca regularizar esta situación reforzando o control sobre esta obrigación.

  1. Control preventivo

Priorizarase o uso de ferramentas de análises de datos e xeraránse certificacións negativas de débedas (a AEAT pode considerar que existe obrigación de presentación do Imposto sobre Sociedades e, polo mero feito de non facelo, actívanse devanditas certificacións), avisos preventivos, requirimentos e cartas informativas.

  1. Implicacións prácticas

Para asociacións e fundacións é clave revisar se existe obrigación de presentar o IS. No caso de que si, deben manter a contabilidade ordenada, diferenciar actividade económica e actividade propia e declarar correctamente subvencións.

 

En conclusión, o Plan 2026 non introduce un control exclusivo sobre asociacións, pero si reforza o control censual e o cumprimento do Imposto sobre Sociedades. Ademais centrarase na detección de actividade económica non declarada e usará a análise de datos para identificar riscos fiscais, o que implicará indirectamente unha maior supervisión do terceiro sector.

Voltar