Convocante

Concello de Redondela

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A Concellería de Participación Cidadá ten como obxectivo fomentar a realización de actividades nas parroquias do Concello de Redondela para contribuír ao desenvolvemento das relacións entre a veciñanza e a súa vinculación coa súa contorna. As actividades deberán ser iniciadas e rematadas no ano 2017, abranguendo o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o fin do prazo de xustificación.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas nas presentes bases e convocatoria as asociacións de veciños, os centros sociais parroquiais e as federacións de asociacións de veciños, todos eles con ámbito de actuación no Concello de Redondela, que se atopen constituídas en forma e debidamente legalizadas no momento en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
  • Ter o domicilio social e o seu ámbito de actuación no Concello de Redondela.
  • As asociacións ou entidades deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela.
  • Ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias, ou ben ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada, ou ben ter presentado unha renuncia por escrito.
Voltar