Convocante

Concello de Pastoriza

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para promoción de actividades culturais, deportivas, educativas, comercio e promoción turística, e outras realizadas no municipio da Pastoriza durante o presente exercicio 2017.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes bases as persoas físicas, persoas xurídicas
u entidades públicas ou privadas xuridicamente constituídas, así coma as agrupación de persoas físicas ou xurídicas que non tendo personalidade xurídica poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se na topen na situación que motiva a subvención, e que cumpran as seguintes condicións:

  1. Carecer de fins de lucro
  2. Desenvolver as súas actividades no termo municipal de Pastoriza
  3. Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello da Pastoriza ou ter presentado xustificación razoada do motivo do incumprimento da obriga de xustificar
  4. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Voltar