Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto o desenvolvemento de proxectos, programas e actividades para a consecución da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2020.
Beneficiarios
Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS)
- Carecer de fins de lucro
- Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, a Facenda galega, a Seguridade Social e a Deputación
- Que a actividade desenvolvida pola entidade cumpra coas obrigas establecidas na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
Observacións
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma.