Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto o desenvolvemento de proxectos, programas e actividades para a consecución da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2020.

Beneficiarios

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS)
  • Carecer de fins de lucro
  • Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, a Facenda galega, a Seguridade Social e a Deputación
  • Que a actividade desenvolvida pola entidade cumpra coas obrigas establecidas na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma.

Volver