Convocante

Deputación de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua ás asociacións e a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2023, de programas e actividades culturais que beneficien a colectivos no eido da cultura, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das lnfraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades e que en todo caso estean directamente relacionadas co fomento da cultura, o turismo ou a promoción da lingua.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
  2. As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Rexistro público de fundacións ou calquera outro rexistro público.
  3. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
  4. Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  5. Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
  6. Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da cultura.
  7.  Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación cultural realizada pola Área de
    Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
Voltar