Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actuacións e actividades de carácter turístico durante o ano 2017 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro
- Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter débedas pendentes de pago coa Deputación de Pontevedra.
- Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
- Non manter incumprimentos de obrigas derivadas de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra.