Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Constitúe a finalidade das presentes bases regular o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar programas, proxectos ou actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no eido dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro; os devanditos programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidas de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das axudas as asociacións e entidades validamente constituídas sen fin de lucro e que realicen actividades de interese o promoción social ou de utilidade pública e sexan de interese municipal.

Voltar