Convocante

Concello de Barbadás

Obxecto

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación da concesión de subvencións con cargo ao orzamento da Concellería de Deportes do Concello de Barbadás en materia deportiva en réxime de concorrencia competitiva.

Con base na súa finalidade distínguense dúas liñas de financiamento:

  1. Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva.
  2. Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, ben na tempada ou anualidade querematen no exercicio orzamentario.

Beneficiarios

Poderán ter a condición de beneficiarios:

  • As asociacións e clubs ou entidades deportivas do municipio de Barbadás inscritos/as no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás.
Voltar