Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Esta convocatoria, ten como obxectivo específico apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra.
Beneficiarios
Poderán optar a estas subvencións as entidades e clubs deportivos federados que cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro (acreditarase cunha declaración responsable do solicitante).
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación provincial.
- A modalidade practicada polas entidades e clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.
- Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.