Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria,  ten como obxectivo específico apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial e autonómico convocadas por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións as entidades e clubs deportivos federados que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (acreditarase cunha declaración responsable do solicitante).
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación provincial.
  • A modalidade practicada polas entidades e clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.
  • Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.
Volver