Convocante
Diputación Provincial de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de subvencións, por parte da Deputación Provincial de Ourense, destinadas a clubs deportivos da provincia de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación na competición deportiva durante a presente temporada 2016-2017.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases os clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia.
- Ter o seu domicilio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro deportivo oficial da Xunta de Galicia.
- Participar, na temporada 2016/2017 en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito, convocadas polas súas respectivas federacións.
- Posuír, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría sénior ou absoluta. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais establécese como requisito básico posuír un mínimo de cinco licenzas federativas de deportistas de base en competición.