Convocante

Concello de Tomiño

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades culturais sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolven proxectos ou actividades culturais que en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños co municipio e en especial a promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais e que se realicen durante o ano 2017.

Beneficiarios

Serán beneficiarias da subvención os organismos, institucións, asociacións, grupos e colectivos que:

  • Non teñan fins lucrativos.
  • Ter o domicilio fiscal, sede ou oficina no concello de Tomiño ou non tendo domicilio no termo municipal afecten de un modo directo a colectivos ou intereses do Concello e acreditar que as actividades obxecto de subvención se realizarán no termo municipal.
  • Desenvolvan actividades culturais en xeral, e en especial a promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais e o fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio.
  • Que dispoñan de estrutura e experiencia que garantice a viabilidade dos proxectos e das actividades.
Voltar