Convocante
Concello de VigoPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto das subvencións é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento de programas e actividades de promoción das mulleres que leven a cabo as entidades sen ánimo de lucro e que se realicen desde o 1 de xaneiro ata o 15 de novembro de 2018 e que atendan a algunha/s das seguintes finalidades:
- Atender as demandas e necesidades das mulleres en función das distintas áreas de prioridade establecidas pola Concellería de Igualdade
- Promover o investimento de recursos sociais en accións positivas para as mulleres, que favorezan o acceso e permanencia das mulleres naqueles ámbitos onde se atopen subrepresentadas.
- Organizar e promover actividades en ámbitos e/ou áreas tradicionalmente feminizadas, dirixidas á poboación masculina.
- Potenciar o asociacionismo feminino, a participación activa das mulleres nos órganos de toma de decisións das asociacións, así como a participación das mulleres en todos os ámbitos de actuación das organizacións.
- Impulsar a apertura de novas canles de intervención a favor das mulleres no eido socio-laboral, educativo e familiar, evitando perpetuar os roles tradicionalmente sexistas.
- Favorecer actividades de investigación, educativas e/ou culturais encamiñadas a poñer en valor e visibilizar a contribución das mulleres á sociedade ao longo da historia.
- Promover e visibilizar as achegas e o papel que desenvolven as mulleres nos distintos sectores relacionados coa pesca e/ou nos oficios derivados do mar.
- Organizar actividades dirixidas a facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres.
- Concienciar a homes e mulleres a través da impartición de módulos formativos sobre xénero e Igualdade de Oportunidades.
Beneficiarios
Poderán solicitar e obter estas axudas as entidades xurídicas sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos :
- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
- Que se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións na data de presentación da solicitude.
- Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.
- Que se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Vigo, coa Facenda Pública estatal e autonómica e coa Seguridade Social.