Convocante
Concello de O Barco de ValdeorrasPublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
O obxecto da presente convocatoria é regular a concesión de subvencións a clubs e asociacións deportivas que teñan a súa sede no termo municipal do Barco de Valdeorras e estean legalmente constituídos/as para o desenvolvemento da súa actividade deportiva, axudando así a sufragar os gastos que esta lles xera durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 30 de novembro de 2016 no programa denominado competición e xestión deportiva.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios desta subvención, os clubs deportivos e asociacións deportivas que reúnan os requisitos establecidos a continuación:
- Estar legalmente constituído e adaptado como club/asociación deportiva.
- Ter o seu domicilio social no termo municipal do Barco de Valdeorras, do mesmo xeito que as instalacións onde realicen habitualmente a súa práctica deportiva (sexan ou non da súa propiedade).
- Estar ao corrente das súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, Facenda Autonómica, Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Concello do Barco, respectivamente.
- Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións.
- Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello do Barco de Valdeorras.
- Participar, na tempada 2016, en competicións oficiais convocadas polas súas respectivas federacións, calquera que sexa o seu ámbito.