Convocante

Concello de O Barco de Valdeorras

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

O obxecto da presente convocatoria é regular a concesión de subvencións a clubs e asociacións deportivas que teñan a súa sede no termo municipal do Barco de Valdeorras e estean legalmente constituídos/as para o desenvolvemento da súa actividade deportiva, axudando así a sufragar os gastos que esta lles xera durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 30 de novembro de 2016 no programa denominado competición e xestión deportiva.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta subvención, os clubs deportivos e asociacións deportivas que reúnan os requisitos establecidos a continuación:

  • Estar legalmente constituído e adaptado como club/asociación deportiva.
  • Ter o seu domicilio social no termo municipal do Barco de Valdeorras, do mesmo xeito que as instalacións onde realicen habitualmente a súa práctica deportiva (sexan ou non da súa propiedade).
  • Estar ao corrente das súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, Facenda Autonómica, Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Concello do Barco, respectivamente.
  • Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións.
  • Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello do Barco de Valdeorras.
  • Participar, na tempada 2016, en competicións oficiais convocadas polas súas respectivas federacións, calquera que sexa o seu ámbito.
Volver