Como ben sabedes, a norma ISO 9001:2015 publicouse o  pasado 23 de setembro de 2015. Desde a súa publicación, e para aquelas entidades que dispoñedes da certificación baixo o referencial do 2008, abriuse un período de transición que finaliza o próximo setembro do 2018.

Aquelas entidades que aínda, non realizastes a transición, lembrade que as vosas entidades certificadoras, posiblemente estéanvos lembrando a necesidade de non esgotar os prazos, debido a que, no caso de que derivado da auditoría de adaptación á nova norma, detectaranse non conformidades maiores, o auditor adoita abrir un prazo de 2-3 meses (dependendo da entidade certificadora), para emendar ditas non conformidades. Por tanto, é importante dispoñer do devandito tempo, para evitar perder o certificado, e a antigüidade do mesmo.

Como ben sabedes a norma trae cambios moi importantes, aínda que o máis destacado é a incorporación da xestión do risco ou o enfoque baseado en riscos nos Sistemas de Xestión da Calidade. Aínda que é unha técnica normalmente aplicada nas organizacións até agora non estaba aliñada co SGC.

A modo de ideas forza, os principais cambios aos cales teremos que someter aos nosos sistemas de calidade son;

  • Maior impacto en “negocio”. É un dos seus obxectivos principais. E a este fin van encamiñados moitos destes cambios e novidades.
  • Enfoque baseado no risco. Unha das súas grandes novidades. Significa que cada organización debe definir o impacto que os procesos teñen na conformidade dos produtos e servizos.
  • Enfoque baseado en procesos. Todas as actividades da organización son procesos interrelacionados encamiñados a alcanzar uns obxectivos definidos.
  • Énfase no liderado. Maior importancia do líder para implicar a todo o persoal de forma que a responsabilidade non recaia só nunha persoa.
  • Compromiso da Alta Dirección. A nova norma eleva o nivel de esixencia e compromiso da Alta Dirección, que debe ter unha participación moito máis activa.
  • «Servizos e produtos». Saliéntanse os servizos para deixar claro que a norma se aplica na súa totalidade ao sector Servizos, que se está sendo cada vez máis importante.
  • «Subministracións e servizos externos». Máis atención aos controis aos provedores externos e á subministración externa de produtos e servizos.
  • Cambio na estrutura. As normas ISO unifícanse para ter unha estrutura única denominada «Estrutura de Alto Nivel». Esta está baseada no ciclo PDCA cuxas etapas son: planificar, facer, verificar e actuar.
  • Simplificación da linguaxe. A linguaxe e estilo de redacción son máis sinxelos para axudar á comprensión e á interpretación coherente dos requisitos.
  • Unha norma menos prescriptiva. Xa que contén requisitos específicos menos explícitos que nas versións anteriores.

Esta transición á cal debemos facer fronte desde a nosa organización, é quizais un estupendo momento, para non só incorporar estes novos requisitos, senón sobre todo, para revisar o noso sistema e buscar que sexa o mais practico, eficaz e eficiente posible.

Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

 

 

 

Voltar