A Comisión de Facenda do Congreso dos Deputados aprobou, o pasado 26 de abril, a proposición de lei de reforma da lei de mecenado, cuxa toma en consideración foi aprobada por ampla maioría en marzo de 2021. O texto, unha iniciativa do PDeCAT que busca modernizar e substituír a anterior lexislación nesta materia incorporando novos estímulos fiscais ao mecenado e actualizando os xa existentes, saíu adiante cos votos favorables do todos os partidos políticos (31 votos) e a abstención de Vox (5 votos). Tras a aprobación en comisión, está previsto o seu traslado e votación no Senado. A súa entrada en vigor terá lugar o 1 de xaneiro de 2024.

O marco xurídico vixente en España para o mecenado é a lei 49/2002, do 23 de decembro que, á súa vez, actualizaba a lei 30/1994, de Fundacións e de Incentivos Fiscais á Participación Privada en Actividades de Interese Xeral, a primeira que incorporou o termo “mecenado”. As novidades que introduce a reforma da lei do mecenado na norma 49/2022 son as seguintes:

1.- Estimúlase o micromecenazgo e increméntanse as porcentaxes de dedución.
No caso de persoas físicas, elévase de 150€ a 250€ a base sobre a que se pode deducir o 80% da doazón do IRPF e polo resto haberá un 40% de dedución (en lugar do 35% vixente). No caso de persoas xurídicas, as deducións no imposto sobre sociedades tamén pasan do 35 ao 40%. En ambos os casos, para premiar o mecenado sostido, a dedución aumenta ao 45% no caso de persoas físicas e ao 50% para as persoas xurídicas (ambos agora ao 40%) se, nos dous anos anteriores, realizouse a doazón á mesma entidade polo menos polo mesmo importe.

2.- Actualízase o concepto de donativos e doazóns, incorporando as doazóns de servizos como asesoramentos e consultoría, espazos de publicidade en medios de comunicación, doazóns destinadas á rehabilitación arquitectónica de bens de interese cultural e doazóns de espazos naturais protexidos ou de bens culturais de autores recoñecidos, e todo tipo de cesións de uso de inmobles. Deste xeito, equipárase a outras lexislacións europeas nas que se define ao mecenado máis aló da simple transacción económica.

3.- Inclúese o denominado mecenado de recoñecemento ou recompensa. Isto permite que o doante obteña retornos simbólicos en forma de contraprestación de bens ou servizos, sempre que non representen máis do 15% do valor da doazón cun tope máximo de 25.000 €.

4.- Amplíanse as modalidades de explotacións económicas exentas cando sexan desenvoltas por entidades sen ánimo de lucro, nas seguintes actividades: desenvolvemento e innovación, prestacións de servizos de inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social e de ensino e formación profesional vinculadas a estudantes de altas capacidades.

5.- Refórzase o automatismo por aplicar exencións de tributos de competencia local aos bens de entidades sen ánimo de lucro.

Fonte: Asociación Española de Fundaciones

Voltar