Asesoramento económico

Escoitamos

“Necesito unha asesoría que coñeza o sector non lucrativo e que se adiante ás nosas necesidades”.

“Necesito que me acheguen a seguridade de que estou cumprindo coas obrigas  que establece a normativa”.

“Necesito ter información económica para saber como imos en cada proxecto e como prevemos cerrar o exercicio”.

“Quero aproveitar os beneficios fiscais, que me permite a normativa”.

“ Necesito un asesoramento próximo e accesible”.

Propoñemos

Acompañámosvos no dobre obxectivo de ofrecer a seguridade no cumprimento das obrigas contable e fiscais e tamén no asesoramento á dirección nas decisións económicas, financeiras e de optimización fiscal.

  • Coidamos especialmente que os sistemas de información económica estean orientados á toma de decisións económicas.
  • Contamos con equipos experimentados e estables para unha axeitada prestación de servizos que se integran dentro do voso equipo de administración.
  • Ofrecemos servizos que se axustan ás necesidades do voso departamento de administración.
  • Combinamos traballo no noso despacho con acompañamento presencial  en función das vosas necesidades de asesoramento na toma de decisións.
  • Apostamos pola permanente incorporación de tecnoloxía para optimizar a elaboración das obrigas tanto contables como fiscais.

Acordamos

  • Servizo administrativo-contable
  • Servizo contable
  • Servizo fiscal
  • Servizo xestión orzamentaria
Voltar