Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
É obxecto desta convocatoria regular a concesión de subvencións para programas, actividades culturais e festivas concretas, que se desenvolvan dentro do termo municipal entre o 1 de decembro de 2015 e o 30 de novembro de 2016.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as asociacións e entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro de entidades cidadás do Concello de Ourense, e as comisións de festas legalmente constituídas.