O vindeiro 16 de febreiro remata o prazo para inscribirse no Programa VIRADA 2024, un proxecto formativo referente no que ALGALIA, en colaboración con outras entidades, como Fundación EDE e Mondragon Unibertsitatea, agrupa as súas propostas de acompañamento a personas, equipos e organizacións.

VIRADA aborda o cambio nas organizacions a través da transformación persoal, e cuxos beneficios xa puideron comprobar máis de 40 entidades e 200 persoas vencelladas á economía social galega e estatal desde 2016.

Está comprobado que relacións produtivas no traballo co resto do equipo inciden directamente no benestar persoal e, por tanto, no desempeño laboral. Ademais, crean condicións favorables para construír organizacións efectivas con respecto ao seu propósito final.

Desde este enfoque, o Programa VIRADA promove un cambio organizacional que non prescinde da transformación persoal, sino que alcanza e aséntase nesa pedra angular.

Para iso, VIRADA articúlase neste momento como programa en dúas iniciativas principais:

  • O desenvolvemento do liderado directivo de persoas, VIRADA Liderado.
  • O desenvolvemento da efectividade de equipos de traballo, VIRADA Equipos.

Toda a información sobre VIRADA 2024, o dossier de cada programa e os datos de inscrición atópanse publicados no espazo  reservado para o Programa VIRADA, na web de Algalia.

Voltar