O Programa VIRADA de Algalia continúa consolidándose como unha referencia formativa en Galicia para persoas, equipos e organizacións que buscan mellorar o seu liderado, a súa efectividade e o seu benestar organizacional. Os datos de participación de tódalas súas edicións así o confirman: Dos 349 participantes que pasaron por Virada nas súas distintas versións, 158 persoas fixérono en Virada Liderado, 164 persoas en Virada Equipos, e 27 en Virada Profundización (programa avanzado celebrado en 2019 e 2023).

Estas cifras abranguen as 17 edicións realizadas ata a data: 9 de VIRADA Liderado, 6 de Equipos e 2 de Profundización. Un percorrido que pon de manifesto a acollida e a confianza da economía social e entidades do terceiro sector nas propostas de formación e acompañamento de Algalia en colaboración con EDE Fundazioa.

O Programa VIRADA agrupa varias liñas formativas con enfoques complementarios:

  1. Virada Liderado axuda a persoas con responsabilidades de dirección ou coordinación a fortalecer competencias estratéxicas, interpersoais e persoais para liderar con máis eficacia e sensibilidade.
  2. Virada Equipos céntrase en equipos naturais de organizacións para mellorar a súa efectividade, desenvolver un liderado compartido e xerar dinámicas relacionales máis saudables e produtivas.
  3. Virada Profundización ofrece un nivel avanzado de formación que profunda no exercicio do liderado e mesmo facilita o acceso ao #Máster en Coaching de Mondragon Unibertsitatea.

Participar en VIRADA non só achega ferramentas prácticas e competencias valiosas, senón que tamén ten impactos directos tanto para os traballadores como para as entidades sociais que os invitan a participar:

– Persoais e profesionais: os participantes desenvolven habilidades como comunicación efectiva, xestión emocional, toma de decisións e liderado consciente, que melloran a súa desempeño e benestar laboral.

– Equipos máis cohesionados: as metodoloxías utilizadas facilitan unha colaboración máis profunda, con equipos capaces de responder mellor a retos e de xerar relacións máis sas e produtivas.

– Impacto organizacional: as entidades observan melloras na súa cultura e na súa capacidade de adaptación grazas ao desenvolvemento de competencias sistémicas e relacionales nos seus equipos e líderes.

 

Última oportunidade para inscribirse en VIRADA 2026

O período de inscrición para as próximas edicións de Virada Liderado e Virada Equipos está aberto ata o 13 de febreiro de 2026. As prazas son limitadas e a experiencia, segundo moitas organizacións participantes, é altamente transformadora tanto para as persoas como para as estruturas que conforman. Consulta o sitio oficial de Algalia e descobre cal das propostas de VIRADA adáptase mellor aos teus obxectivos profesionais ou organizacionales.

 

VIRADA LIDERADO

 Consulta toda a información detallada AQUÍ.

Podes cubrir a ficha de inscrición AQUÍ.

 

VIRADA EQUIPOS

 Lembra inscribir ao teu equipo contactando co responsable do programa, David Pereiro, no correo [email protected] ou no teléfono 687 87 94 14. Consulta toda a información detallada AQUÍ.

Voltar