Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, presentou esta semana o Manifiesto da Economía Social (descargar), un texto que compila as ideas de máximos representantes deste modelo económico, que prima as personas e a fin social da entidade por encima do capital. Fíxoo en Santiago de Compostela, capital da Economía Social en 2022, nun acto inaugurado por Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde da cidade, e de Mª Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Este manifesto conmemora o 10º aniversario da aprobación da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social, unha lei pioneira en Europa e no mundo, e que serviu de exemplo para outros países europeos que aprobaron a posteriori as súas propias leis para desenvolver estratexias rexionais.

Díaz suliñou que España está á vangarda da economía social a nivel internacional e lembrou a riqueza normativa que posúe o noso país para regular ese modelo empresarial, coa Lei de Economía Social, a Lei de Empresas de Inserción e a Lei de Cooperativas, que o Executivo xa prevé modificar e modernizar.

Pola súa parte, Sánchez Bugallo salientou o moi “relevante peso da economía social en Santiago, que conta con 96 cooperativas e 69 sociedades de inserción laboral, o que supón un 7% e 15% respectivamente do total de Galicia” e amosouse confiado de que a capitalidade que ostenta a cidade este ano “servirá para afrontar a saída á crise provocada pola pandemia”.

O alcalde aproveitou para anunciar unha “liña de axudas directas específicas para os sectores da economía social e circular”, áreas que serán claves para o futuro da cidade e que se plasmará na Axenda Urbana 2020-30.

Retos, obxectivos e estratexias da Economía Social

Ao través dun diálogo aberto, moderado pola delegada de Expansión en Galicia, Abeta Chas, representantes institucionais do sector incidiron nos grandes retos, obxectivos e estratexias a seguir por parte da Economía Social en Galicia.

Celso Gándara, presidente de Foroesgal, fixo fincapé nos tres retos deste modelo empresarial: crecemento, innovación social e o fomento do emprendemento. Así, insistiu na necesidade de facer medrar o peso da economía social no PIB, tanto rexional (7%) como estatal (11%), para o que afirmou, axudarán tanto o PERTE aprobado polo Gobierno como a estratexia galega de economía social.

También salientou a intersectorialidad deste modelo empresarial como “unha das claves para facer medrar a economía social”, y e lembrou a variedade de sectores que engloba o modelo: agricultura, gandería, cultura, medioambiente, comunidades enerxéticas, etc. Por último, avogou por unha xestión efectiva para facelo realidade e a colaboración público-privada.

Pola súa parte, Juan Antonio Pedreño, presidente de CEPES, explicou que “o sector ten o reto fundamental de medrar para cambiar de escala, para influir nas políticas públicas, para evitar discriminacións lexislativas e para traballar no emprendemento xuvenil” e insistiu na necesidade de “mellorar a visibilidade da economía social para que se coñeza e valore”, para o que reclamou a participación deste modelo empresarial no diálogo social.

Covadonga Toca Carús, directora xeral de Emprego, apuntou a aposta da Xunta pola innovación para a creación de emprego e falou do apoio da aceleración de proxectos que contribúen á creación e consolidación deste tipo de empresas.

A directora xeral de Traballo Autónomo, Economía Social e RSE do Ministerio de Trabajo y Economía Social, Maravillas Espín, tamén incidiu en que un dos retos para a economía social é a visibilización do seu potencial “para mellorar ao conxunto da sociedade”.

Antes da finalización do acto, rendiuse homenaxe a dous expoñentes da Economía Social galega: o pioneiro do cooperativismo Xosé Severino Montes, quen foi presidente de Feiraco (agora Clun) e de AGACA, e o presidente de CEGASAL, Xosé Antonio Vázquez.

Voltar