Xornada economía social

O vindeiro mércores 5 de xuño celébranse os actos polo recoñecemento de GALICIA REXIÓN AMIGA DA ECONOMÍA SOCIAL 2019 pola Comisión Europea.

As cooperativas socias de Espazocoop e resto de entidades do Foro pola Economía Social Galega, estades convidadas a acompañarnos ese día a partir das 12 horas no Hotel Los Abetos de Santiago.

O programa inclúe a conferencia ‘O Futuro da Economía Social’, o acto de constitución do Foro pola ES Galega, unha comida-networking, concerto de Guadi Galego e á tarde o relatorio ‘Liderando a través da Comunicación’.

ESPAZO COOP
Unión de cooperativas galegas

 

Voltar

Algalia S. Coop. Galega. Copyright © 2016