O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

Entre marzo e xullo de 2022 desenvolverase a VI Edición do Programa e ALGALIA continuará contando coa colaboración de Caldaria Arnoia e a Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento de parte das actividades.

Tes toda a información no PDF que podes baixar da web de VIRADA: pica aquí.

Bule!, a participación está aberta a soamente 25 persoas, e o prazo de inscrición, a facer na web de VIRADA, remata o 23 de febreiro de 2022.

 

David Pereiro. Responsable de VIRADA.

Voltar