O pasado mes de marzo, tres entidades da economía social galega, en concreto do terceiro sector de acción social, uníronse á sexta edición de VIRADA Equipos, a proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para o fortalecemento de equipos de entidades de economía social que, estes días, chega ao seu fin.

O grupo de 28 persoas das tres entidades que participaron nesta edición:  FEAFES GALICIA ; ACEESCA e ALGALIA , xeraron nestes meses un espazo único para reflexionar e estimular diferentes puntos de vista que lles servirá de punto de partida para o seu crecemento persoal e laboral.

Case ao mesmo tempo, damos por finalizada tamén a sétima edición do programa VIRADA Liderado, que nesta ocasión contou coa participación de doce entidades da economía social galega:

Nestas semanas, catorce persoas vinculadas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acción social confiaron na proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de economía social

O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

Agradecemos a todas as persoas participantes, e ás súas entidades de referencia, a confianza e compromiso co proceso de transformación evolutiva que inspira o Programa.

Confiamos que a proposta de ALGALIA e EDE Fundazioa siga sendo de utilidade para a economía social galega, e emprazámonos para as seguintes edicións: VIRADA Liderazgo VIII e VIRADA Equipos VII.

En setembro teredes noticias sobre as edicións do 2024 , e

Seguimos virando e feliz verán!

Voltar