O propósito de VIRADA Equipos é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social e empresas desenvolvan competencias de liderado compartido e funcionen con maior efectividade.
Entendemos por equipos naturais aqueles que se configuran nas organizacións para o desenvolvemento dunha función ou a execución dunha tarefa, e que establecen entre os seus membros vínculos relacionais de certa continuidade.
Por exemplo: o equipo de dirección dunha entidade, un equipo técnico dunha organización, un equipo de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización…
Entre abril e decembro de 2021 desenvolverase a IV Edición do Programa, que foi moi actualizada. ALGALIA contará coa colaboración de Caldaria Arnoia e a Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento de parte das actividades.
Tes toda a información no PDF que podes baixar da web de VIRADA: pica aquí.
Para inscribir ao teu equipo has de contactar co responsable de VIRADA, David Pereiro, antes do 15 de marzo de 2021.
David Pereiro. Responsable de VIRADA.
687 87 94 14 [email protected]