Tres lecturas sobre Órganos de goberno

Non son poucas as conversacións de café nas que se comenta, analiza, disecciona, critica, encomia, compadece… a enumeración de verbos podería chegar ao infinito e máis alá, as accións ou as persoas que forman parte dos órganos de goberno da entidade dos interlocutores. É case inevitable renderse á consigna de que “mañá (ou hoxe), falaremos do goberno”.

Afortunadamente, contamos coa literatura de management que orienta e facilita o exercicio desta complexa función organizativa. Neste momento, soamente vos apuntamos tres breves lecturas que consideramos que poden estimular un achegamento posterior máis sistemático e profundo sobre este asunto que preocupa, de forma estratéxica, a moitas entidades do terceiro sector.

Se a lectura é compartida e xera unha boa conversación respecto, con café incluído, todo resulta máis enriquecedor.

Anímaste?

Un encadre sectorial

O Observatorio do terceiro sector realizou distintas actividades para identificar os retos e áreas de mellora que teñen as xuntas directivas e os padroados do terceiro sector.

No caderno de debates do OTS Ideas para avanzar na mellora dos órganos de goberno no terceiro sector. Reflexións en torno ao funcionamento de padroados e xuntas ofrécese a opinión de destacadas personalidades sobre cales son as áreas de mellora. Sinteticamente, os participantes manifestan que son posibles melloras respecto.

  • As funcións e responsabilidades dos órganos de goberno.
  • A composición dos órganos de goberno.
  • A relación cos equipos técnicos.
  •  As reunións dos órganos de goberno.
  • A transparencia e a rendición de contas.

No caderno Reflexiones y propuestas para la mejora de los órganos de gobierno en el tercer sector, Una visión a partir de los consejos aserores de Investigación del OTS os consellos asesores enumeran os seguintes retos para os órganos de goberno das entidades do terceiro sector:

  1.  O compromiso organizativo.
  2. A función estratéxica.
  3. A relación co equipo directivo.
  4. A diversidade de perfís.
  5. A renovación.
  6.  A xestión da información.
  7.  A cultura de avaliación.
  8. A cultura da transparencia.

Unha visión máis operativa

Álvaro Martín Hoyos, no seu artigo 20 recomendaciones para que las juntas directivas sean más productivas publicado no boletín electrónico do Grupo Desarrollo Humano refire que
“tipicamente, as xuntas directivas reúnense unha vez ao mes durante dous ou tres horas. Tratan superficialmente moitos temas. Fanlle á xerencia suxestións pouco trascendentais e de difícil aplicación. De cando en cando os membros de xunta coñecen os temas que se van a tratar. Non lles envían a tempo os documentos para o seu estudo, e si se llelos envían, non os len. Non pensan previamente as alternativas de solución aos asuntos que se tratarán na orde do día. Así as cousas, as xuntas adoitan ser improvisadas e pouco profundas.”

Esta experiencia, que o autor encadra no mundo empresarial, describe unha realidade que a moitas entidades do terceiro sector non lles é allea.

Algunhas das 20 recomendacións que realiza poden ser aplicables ás xuntas directivas e padroados de entidades do terceiro sector, pero todas, con seguridade, poderían propiciar conversacións estimulantes e creativas sobre como mellorar o desempeño e conseguir que os órganos de dirección sexan un dos recursos máis efectivos cos que conta a organización para impulsar o desenvolvemento da súa misión.

Jorge Rodríguez
Socio Responsable da área de Asesoría de Algalia  Servizos para o Terceiro Sector

Voltar