Pásache a ti cando cruzas a porta do centro, e pásame a min cando abro o correo.

Asentes, pos esa cara de «todo está baixo control» e tiras cara adiante. Se coordinas un equipo, sorrís porque necesitas que sintan que tes as respostas, que o rumbo é o correcto e que ti es o chan firme que pisan. Se traballas en atención directa, sorrís porque para as persoas que atendes, a túa calma é o seu único punto de apoio, o lugar onde senten a salvo da tormenta.

Pero por dentro, hai un ruído que non para. Un nó no estómago que te avisa de que, en realidade, estás a interpretar o papel de alguén que non pode permitirse dubidar.

Non é que che falte vocación nin experiencia. É que tes medo.

O que ocorre é que no noso sector —o dos coidados, a intervención social, a economía que sostén a vida— o medo é o gran tabú. Mercamos a «síndrome do heroe»: esa idea de que a nosa entrega é unha blindaxe. Se es responsable, atérrate que se note que ti tampouco tes todas as certezas fronte á complexidade do día a día. Se estás na trincheira, dáche medo o impacto da dor allea ou, o que é peor, que un día deixes de sentir nada e convértaste nun autómata para non sufrir máis.

E para sobrevivir a ese medo que non nomeamos, desconectámonos.

É o que chamamos presentismo emocional: estás aí, moves as mans, fas o teu traballo, pero a túa alma foise a outra parte para non romperse. Non é unha teoría: o 70% do absentismo no noso país ten unha raíz emocional. Case a metade de nós pensou hoxe en non ir traballar porque, simplemente, non sabe que facer co que sente.

Coidar de persoas, xa sexan persoas usuarias ou profesionais, xera un «residuo emocional» que ninguén nos ensinou a xestionar. E cando ese residuo acumúlase, quéimaste. Non che queima o traballo, quéimache a soidade da túa propia xestión interna.

No Programa VIRADA Emocións non vimos con solucións máxicas, non existen. Sabemos que o luns a realidade seguirá sendo a mesma. O que imos facer é acompañarte a adestrar a túa capacidade para pensar co corazón e sentir coa razón.

A ecoloxía emocional é unha ferramenta de sostibilidade para organizacións que non queren perder a súa esencia nin á súa mellor xente polo camiño. É aprender a usar ese nó no estómago como un compás, non como unha carga. É entender que recuperar a túa soberanía emocional é a única forma de seguir sendo ese referente para os demais sen baleirarche ti por dentro.

Entre xullo e novembro de 2026, abrimos un espazo de adestramento para 25 profesionais que decidan que coidarse non ten porque significar borrarse. Non é un descanso para evadirse, é un proceso para aprender a navegar de novo.

Fagamos esa virada. Para que a próxima vez que o vento sopre de cara, sorrías porque xa sabes xestionar o teu medo.

Miguel Angel Barbosa Rodríguez, Socio-Responsable Consultoría e responsable do Programa VIRADA Emocións

Voltar