Fomos
O pasado pasou e por tanto custa menos miralo que aquilo que aínda non pasou. Temos que mirar o pasado para aprender pero, sobre todo, para redeseñar futuros diferentes que non nos volvan a facer caer nos problemas que tivemos no pasado.
Orixe
Algalia naceu no ano 1995 como iniciativa de autoemprego dun grupo de mozos que pretendían traballar de forma cooperativa, contribuíndo a mellorar a xestión das entidades non lucrativas en Galicia.
Historia
A historia de máis de vinte anos de Algalia recolle a evolución dun proxecto empresarial, a experiencia vital duns mozos emprendedores, o desenvolvemento do sector non lucrativo e da economía social. Ler máis
Somos
As nosas accións fannos ser como somos. Non somos unha organización constituída con características permanentes, senón que estamos en permanente cambio e que este, en importante medida, é o resultado das accións que levamos a cabo. Somos en conformidade a como actuamos.
Misión
A nosa misión é a de contribuír a mellorar a calidade da xestión e dirección no sector da economía social, xerando eficiencia e confianza a través de servizos especializados e integrais.
Valores
Entre os nosos principais valores atópanse a honradez e profesionalidade, pesando o traballo en equipo, a adaptabilidade ao cambio e o compromiso co sector da economía social. Ler máis
Aspiramos
O último propósito é a transformación social, que se expresa no impulso dun proxecto cooperativo sustentable, responsable socialmente no ámbito da economía social e cun retorno persoal e grupal satisfactorio.
Visión
Ser recoñecidos como especialistas en servizos de asesoría e consultoría no sector da economía social en España.
Principios cooperativos
Tomamos como referencia para o desenvolvemento dos nosos principios cooperativistas a formulación de 10 principios que estableceu a Experiencia cooperativa de Mondragón, e que sintonizan cos principios que establece a Alianza Cooperativa Internacional. Ler máis
Grupo Algalia
Algalia é unha organización de base filosófica cooperativa e articúlase a través dunha estrutura xurídica para dar resposta aos distintos servizos
Estrutura xurídica
Asumimos a Cooperativa como unha asociación de persoas que teñen necesidades ou intereses socioeconómicos comúns. Ler máis
Órganos
A asemblea como expresión da vontade social, o consello reitor como órgano de goberno e o equipo de dirección como máximo órgano executivo da cooperativa, son as estruturas das que nos dotamos para o noso bo goberno. Ler máis