Retos claros e emerxentes para o terceiro sectorNestas semanas en Algalia, no marco da nosa reflexión estratéxica, comparamos documentos de tendencias e retos do terceiro sector elaborados por distintos participantes no mesmo: Fundación Luís Vives, Observatorio do Terceiro Sector, ESADE, IESE, etc.

O grado de coincidencia na análise da situación e de construción dos retos é bastante alto, aínda que nalgúns estudios se matizan ou destacan aspectos específicos.

Sen ánimo de ser exhaustivos, queremos enumerar os seguintes:

  • O reto do financiamento.
    • Identifícanse problemas de captación de ingresos.
    • Hai problemas de financiamento ante os retrasos nos pagos por parte da administración, para as entidades prestadoras de servizos.
    • Cómpre mellorar o financiamento propio, a avanzar na diversificación de fontes de ingreso.
  •   O reto da estratexia.
    •  Parece que en moitos casos farase necesaria una revisión estratéxica que reflexione sobre destinatarios, necesidades, territorialidade, servizos, base social, dimensión da organización e relacións con outras entidades coas que se comparte misión.
  • O reto da comunicación e a transparencia
    • Sobre todo da comunicación coa sociedade á que se sirve e da soporte. Cómpre incrementar a capacidade de comunicación.
    • Resulta imprescindible avanzar na transparencia e a rendición de contas.
  • O reto da eficiencia na xestión.
    • Todos recomendan mellorar a eficiencia das organizacións a través de ferramentas de planificación, de xestión da calidade, da xestión económica.
    • Faise especial fincapé da reducida implantación de novas tecnoloxías.

Resulta moi curioso que esta enumeración actual correspóndese con outras enumeracións elaboradas durante a década do 2000 antes da crise desatada no 2007. Cómo interpretar isto? Que significa que basicamente os retos sexan os mesmos, tanto nun cambio de década nunha coxuntura de crise xamais experimentada polo sector non lucrativo, como nunha época de “bonanza”?

Nun primeiro momento semella algo lóxico, xa que moitos dos retos estaban baseados nas debilidades das organizacións, polo tanto na medida en que en moitos casos esas debilidades non foron emendadas, seguen aparecendo como cruciais nestes momentos. Isto pode levarnos a pensar que no momento actual hai unha serie de accións que cando menos as poderíamos definir como “claras” que hai que acometer.

Son doadas de enfrontar? A resposta están en cada organización, nos motivos que impediron acomételas no seu momento. En todo caso podemos definilas como claras, xa que sobre elas existe coñecemento no sector respecto a como acometelas.

Nun segundo momento podemos pensar que non estean aflorando novos retos derivados desta nova situación porque aínda non somos capaces de entender o que esta sucedendo. É vella a frase de que “un economista é aquel que predí o que vai a pasar, e logo te explica porque non pasou”. Iso ten moito que ver coas teorías que apuntan que estamos ante un cambio de modelo, e polo tanto nun cambio no papel do terceiro sector. Como situar a nosa organización neste novo escenario, xa é moito menos “claro”. Para facilitar un achegamento neste ámbito cremos que axuda comprender o funcionamento do terceiro sector noutros países.

Como abordar os retos “claros”? Avanzar de forma determinante, buscando a excelencia operativa nos procesos afectados. O factor tempo, xoga en contra. En moitos casos lamentablemente chegamos tarde e non será posible. Para estes retos precisamos un liderado moi operativo e executivo. Nalgúns casos non temos moito tempo e merece a pena reflexionar en como gañar en eficacia na adquisición de coñecemento organizativo. Teremos que desbrozar entre diferentes sistemas, para saber cal é o mais oportuno en este momento.

Como abordar os retos “emerxentes” derivados do previsible cambio de modelo? Precisamos visión, como suma da suficiente apertura mental para soñar unha situación distinta. Tamén coraxe para vencer as propias limitacións e cargarse coa forza que nos transmiten os nosos destinatarios e colaboradores. Por último, capacidade de aprendizaxe a través das relacións con todos os membros deste sector e doutros sectores.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar