O Programa VIRADA retoma este ano unha nova edición de VIRADA Profundización, e desde este mes de outubro ábrese a inscrición, que finaliza o próximo 23 de decembro.

Esta proposta ten o valor de profundar nas competencias adquiridas no programa Liderazgo, pechando, desta maneira, un ciclo de formación orientado ao desenvolvemento ou do exercicio do liderado nas organizacións. Ademais, VIRADA Profundización é un curso de nivelación que serve para acceder ao Máster en Coaching de Mondragon Unibertsitatea, o cal certifica para a práctica do coaching individual e prepara para a realización do coaching de equipos.

VIRADA Profundización diríxese exclusivamente ás persoas que cursaron VIRADA Liderado, pero pódese cursar sen que necesariamente continúese o itinerario formativo no Máster de coaching da MU.

Componse de dous encontros presenciais de dous días de duración cada un, en Caldaria Arnoia, 20 e 21 de xaneiro, e 17 e 18 de marzo de 2023, que se complementan con dúas sesións de coaching persoal a concertar entre os participantes e os coaches, dúas sesións de traballo en comunidade de aprendizaxe autoxestionada e unhas prácticas individuais a distancia.

Imparten esta formación profesionais de ALGALIA, Fundación EDE e Mondragon Unibertsitatea.

Máis información e inscricións AQUÍ

Voltar