Neste mes de outubro,  comeza o outono,  nos imos esquecendo do verán e nos abocamos o inverno. Onde a natureza vai marcando o seu ritmo vital e polo tanto acontece que algunhas follas se caen e morren para para despois xerar vida e volver a renacer. Nun outono como o deste ano, condicionado polos incendios e por unhas condicións climáticas, nas que algunhas plantas están un tanto despistadas e non saben moi ben que facer…..

Pois neste contexto en Algalia S. Coop.  iniciamos a nosa 5º Reflexión estratéxica. Os procesos de reflexión estratéxica teñen estado presentes dende o propio inicio da nosa empresa, forman parte da nosa cultura e estruturan a forma de abordar reflexións dun calado superior os temas do día a día e nos permiten realiñar as persoas que formamos parte deste proxecto. Os procesos estratéxicos son un instrumento importante no desenvolvemento do principio cooperativo de xestión democrática por parte dos socios. A través deste proceso se poden recoller as inquietudes convertelas en políticas, obxectivos estratéxicos…. e transformalas en liñas de accións estratéxicas que serán a base das decisións que se vaian tomando no transcurso do período 2019-2021.

A diferenciación da estratexia corporativa da estratexia competitiva (a dos modelos de negocio/servizos), nos permite abordar unha serie de aspectos, que cecais, poderían quedar enterrados pola estratexia máis orientada o mercado. As nosas aspiracións, a vantaxe corporativa dos nosos negocios/servizos, a estratexia de crecemento, a gobernanza, a través dos diferentes postos e órganos, os elementos de cohesión entre os cales se establecen as directrices, políticas e cultura organizativa…

O abordaxe de todos estes elementos de forma sistemática e participada, perseguen fortalecer o propósito ultimo de Algalia S. Coop. “a transformación social, que se expresa no impulso dun proxecto cooperativo sustentable, responsable socialmente no ámbito da economía social e cun retorno persoal e grupal satisfactorio

A historia de Algalia se podería perfectamente estruturar entorno os seus plans estratéxicos. Cada proceso aportou crítica, posta en valor de decisións, debates, novos paradigmas que aspiraban a abrirse paso como panca que xeraría un cambio nese período. A experiencia nos di que algunhas desas reflexións se quedaron no esquecemento, outras non foron o impactantes que se prevían e algunhas si foron realmente significativas na evolución de Algalia S. Coop. A experiencia tamén me di tal e como apuntaba un sacerdote salesiano falando sobre a existencia dos milagres “ pode que si ou pode que non, o que importa é a mensaxe” que traducido o cumprimento dos plans estratéxicos viría a ser “ pode que os cumpramos ou pode que non, o que importa é a forma de mirar, de enfocar….”

Celso Gándara
Xerente de Algalia S. Coop. 

 

 

 

Voltar