Os días 18, 19 e 20 de febreiro na cidade de Santiago, nos xuntamos o equipo directivo de Algalia, na primeira sesión presencial no marco da elaboración do plan estratéxico 2103-2015. Foron tres días de intenso traballo de análise e reflexión sobre a situación actual do terceiro sector así como da dilatada traxectoria de Algalia nestes últimos 15 anos.

Nesta ocasión contamos coa labor facilitadora da consultora LKS Coop, pertencente o grupo Mondragón. Todo este traballo desembocará en que contemos cun plan estratéxico, que defina un novo modelo de negocio, para os vindeiros incertos e cambiantes anos.

Como resumo destes días non me resisto a difundir esta fabula:

A aguia é unha das aves de maior lonxevidade. Chega a vivir setenta anos. Pero para chegar a esa idade, na súa cuarta década ten que tomar unha seria e difícil decisión.

Aos corenta anos, as súas uñas vólvense tan longas e flexibles que non pode suxeitar as presas das cales se alimenta. O pico, alongado e en punta, cúrvase demasiado e xa non lle serve.

Apuntando contra o peito están as ás, envellecidas e pesadas en función do gran tamaño das súas plumas, e para entón, voar vólvese moi difícil. Nese momento, só ten dúas alternativas: abandonarse e morrer, ou enfrontarse a un doloroso proceso de renovación que lle levará aproximadamente cento cincuenta días.

Ese proceso consiste en voar ao alto dunha montaña e recollerse nun niño próximo a un paredón onde non necesita voar e se sente máis protexida. Entón, unha vez encontrado o lugar axeitado, a aguia comeza a golpear a rocha co pico ata arrancalo. Logo espera que lle naza un novo pico co cal poderá arrancar as súas vellas uñas inservibles. Cando as novas uñas comezan a crecer, ela desprende unha a unha as súas vellas e sobrecrecidas plumas.

E despois de todos eses longos e dolorosos cinco meses de feridas, cicatrizacións e crecemento, logra realizar o seu famoso voo de renovación, renacemento e festexo para vivir outros trinta anos máis.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar