Programa Virada

VIRADA COMUNIDADE TEAL

Hai anos que as entidades de economía social impulsan procesos organizativos de fortalecemento e transformación.

Nestes momentos, organizacións de todo o mundo e de diferente tipoloxía, están a adoptar un novo paradigma que lles permite renovar a súa cultura organizativa para enfrontar os retos e desafíos económicos, sociais e medioambientais.

O paradigma Teal baséase no desenvolvemento de tres principios:

  • O coidado do propósito evolutivo das organizacións.
  • O desenvolvemento de equipos auto xestionados.
  • A arela de plenitude persoal e organizacional.

O noso comportamento organizacional está supeditado a diferentes niveis de consciencia. O paradigma Teal é unha invitación para facer visibles estes estados de consciencia.

O propósito da Comunidade para a promoción do paradigma Teal (VIRADA Comunidade TEAL) é promover o desenvolvemento deste paradigma nas entidades de economía social de Galicia.